Supercumple
Preguntas frecuentes (faqs)

1) Que celebracións realizan?
Celebramos aniversarios, bautizos, comunións, entroido, fins de curso e festas de Nadal e Reis.
2) Que días celebran festas?
Calquer día da semana.
3) Por que escoller Supercumple?
Por tres razóns:
a) Porque somos o salón de festas infantís con máis experiencia en Vigo.
b) Polo trato personalizado. Só nos adicamos à celebración de festas.
c) Pola mellor relación calidade/precio dos nosos servizos.
4) Podo estar seguro de que os meus fillos estarán ben coidados?
Por suposto. Estarán atendidos por monitores especializados baixo a supervisión da encargada.
5) É posible facerlles unha visita para coñecer as suas instalacións?
Non o duvide, estaremos encantados de atenderlle. O noso horario é de luns a venres de 17.00 a 20.30h
6) Como podo chegar a Supercumple?
Se ven a pé ou en coche vexa o plano da sección contacto. Se ven en autobús urbano (Vitrasa), pode coller as liñas 12A, 12B, 28, C1, C6, C7 (que pasan polas rúas Urzáiz e Gran Vía) e as liñas 11, 18,C4A, C4B, C4C, C5, C9A, C9B, C15B e C15C (que pasan por Urzáiz).
7) Podo fumar nas suas instalacións?
De acordo coa Lei 28/2005 de 26 de decembro, e por motivos de saúde e respeto ós cativos está totalmente prohibido fumar nas nosas instalacións.
8) Xa teño pensada a data na que celebrar a festa e o número de invitados. Poderían informarme dos prezos?
Si, para obter un presuposto e información máis detallada, use as tres vías que lle especificamos no apartado contacto da nosa páxina web.
9) Que necesito facer para celebrar o aniversario do meu fillo?
Pode facer unha reserva por teléfono ou directamente nas nosas instalacións. Nós faremo-lo resto.
10) Como podo reservar un aniversario?
Ten dúas opcións. Efectuar a reserva no noso establecemento da Rúa Hernán Cortés 28 de Vigo (Pontevedra), ou facer unha reserva telefónica no (+34) 986 220 431.
11) Con que antelación debo facer a reserva? Cal é o prazo límite para realizar a reserva?
Non temos un prazo límite. Nembargantes, lle recomendamos que a realice con antelación, para poder celebrar a festa na data desexada.
12) Podo facer unha reserva na páxina web de Supercumple? Podo paga-lo aniversario na páxina web de Supercumple?
Na actualidade, estas opcións non están dispoñibles.
13) É necesario dar un anticipo para reservar un aniversario?
Si. Ten que facer un depósito do 25% do prezo total da festa para formalizar a reserva, que se lle descontará do pago final.
14) Cando me dan as invitacións do aniversario?
Cando veña ó noso establecemento para formalizar a reserva, lle facilitaremos as invitacións.
15) Como podo pagar os seus servizos?
Todos os servizos de festas infantís os cobramos en efectivo.
16) De qué maneira utilizan os datos personais que facilito ó realiza-la reserva?
En cumprimento da Lei Orgánica de Protección de Datos 15/1999, informámoslle que os datos facilitados a través de teléfono, e-mail, correo postal e nas nosas instalacións; únicamente serán utilizados co fin de responder á información e/ou suxerencias que nos solicite e de xestionar a celebración de festas infantís. En ningún caso serán utilizados para outros fins nin serán cedidos a terceiros.
